Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO.

Aprobado pola Comisión de Goberno do Concello de Meis o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación, por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, da seguinte obra:

-Camiño de acceso a Saramagoso, A Igrexa, A Medoña, O Pazo de Meis e outros, do PPOS-2000.

Tipo de licitación: 11.664.910 pesetas.

Queda exposto ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de presentación de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará no caso de presentarse reclamacións ós pregos de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: descritos no parágrafo anterior.

b) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación do expediente: tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

c) Garantías:

-Provisional: 2% do tipo de licitación.

-Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

d) Prazo de execución: seis meses.

e) Obtención de documentación e información: o modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles, das 9 ás 14 horas.

f) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello das 9 ás 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

g) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico. Obras de natureza análoga.

h) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día 14 de setembro de 2000.

Meis, 28 de xullo de 2000.

O alcalde

Rubricado