Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.570

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xullo de 2000 pola que se adxudican axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas fogar.

Por Orde do 12 de abril de 2000 (DOG do 5 de maio) convócanse axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar e regúlase o seu outorgamento no presente exercicio económico.

A comisión constituída segundo establece o punto quinto da orde da convocatoria, en reunión celebrada o día 30 de xuño de 2000, acordou propoñe-la adxudicación das ditas axudas por tanto esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas ós concellos titulares de escolas fogar solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde, nas contías que se indican.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán antes do 30 de outubro de 2000, a completa xustificación dos gastos mediante orixinais ou fotocopias cotexadas de facturas, contratos, nóminas, Seguridade Social, etc.

As xustificacións das axudas serán dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa. Rúa San Lázaro, nº 107. 15771 Santiago de Compostela.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xuirídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Concello da Fonsagrada: 1.119.802 ptas.

Concello de Sarria: 3.030.198 ptas.