Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.569

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xullo de 2000 pola que se establecen ensinanzas, número de unidades e postos de traballo docentes que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres no CEIP Virxe do Mar de Narón (A Coruña), no CEIP Isaac Peral de Ferrol (A Coruña), no IES Saturnino Montojo de Ferrol (A Coruña), e na EEI Nosa Señora do Carme de Marín (Pontevedra).

Polo Real decreto 1752/1999, do 19 de novembro (BOE do 9 de decembro), sobre ampliación de servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de educación, traspásanse a esta Comunidade Autónoma os seguintes centros públicos: CEIP Virxe do Mar de Narón (A Coruña), CEIP Isaac Peral de Ferrol (A Coruña), IES Saturnino Montojo de Ferrol (A Coruña) e EEI Nosa Sra. do Carme de Marín (Pontevedra).

Tendo en conta que o artigo 31 do Estatuto de autonomía e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), establecen que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, e que a disposición derradeira primeira do Decreto 323/1999, do 16 de decembro, de asunción da ampliación de servicios da Administración do Estado realizada polo Real decreto 1752/1999, faculta o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución dese decreto.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Establece-las ensinanzas, número de unidades e postos de traballo docentes que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres no CEIP Virxe do Mar de Narón (A Coruña), no CEIP Isaac Peral de Ferrol (A Coruña), no IES Saturnino Montojo de Ferrol (A Coruña) e na EEI Nosa Sra. do Carme de Marín (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no

prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: avda. Mac Mahón, s/n.

Centro: Colexio de Educación Infantil e Primaria Isaac Peral de Ferrol.

Código do centro: 15006845.

Zona educativa: Ferrol.

UNIDADESPOSTOS DE TRABALLO

EIEPTOTALEIEPFIFFEMEFPTTOTAL

6915681111119

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: avda. Mac Mahón, s/n.

Centro: Instituto de Educación Secundaria Saturnino Montojo.

Código do centro: 15006791.

Zona educativa: Ferrol.

Unidades

10 unidades de ESO.

4 unidades de bacharelato da modalidade de ciencias da natureza e da saúde.

2 unidades de bacharelato da modalidade de humanidades e ciencias sociais.

Postos de traballo para funcionarios do corpo de mestres no 1º ciclo da ESO.

LGLCFICSMTCNEFEMPTTOTAL

1111110017

Provincia: A Coruña.

Concello: Narón.

Localidade: Xubia.

Enderezo: rúa Illas Cíes, 2.

Centro: Colexio de Educación Infantil e Primaria Virxe do Mar.

Código do centro: 15023508.

Zona educativa: Narón.

UNIDADESPOSTOS DE TRABALLO

EIEPTOTALEIEPFIFFEMEFPTTOTAL

369341111112

Provincia: Pontevedra.

Concello: Marín.

Localidade: Marín.

Enderezo: rúa Jaime Janer, s/n.

Centro: Colexio de Educación Infantil Nosa Señora do Carme.

Código do centro: 36004538.

Zona educativa: Marín.

UNIDADESPOSTOS DE TRABALLO

EITOTALEIALTOTAL

33314