Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día vintesete de xullo de dous mil, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da rúa no cuarteirón comprendido entre a rúa Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da Fábrica, conforme o acordo que transcrito literalmente di:

4º.-VII.-Obras e xestión urbanística.

Proxecto urbanización. Dáse conta do proxecto de urbanización da rúa no cuarteirón comprendido entre a rúa Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da Fábrica, que foi exposto a información pública polo prazo de quince días durante os cales non se produciron reclamacións; emitidos os informes técnicos e xurídicos, a comisión municipal de goberno, por unanimidade, acordou:

Primeiro: aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa no cuarteirón comprendida entre a rúa Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da Fábrica, redactado polo arquitecto Manuel A. Echevarría Ulargui.

Segundo: que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e que se lles notifique ós interesados con sinalamento dos recursos procedentes.

O que se fai público para a efectividade deste, en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento urbanístico.

Ordes, 1 de agosto de 2000.

Teodosio Martino Martino

Alcalde