Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-387).

Por resolución desta Alcaldía 3962/2000, de data 10 de agosto de 2000, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización en parcela sita na avda. Rosalía de Castro/Rúa do Mosteiro, en Montrove-Liáns, tramitado por Proconta, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 21 de agosto de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta