Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na súa sesión extraordinaria do día 22 de agosto de 2000, o Plan xeral de ordenación municipal de Moraña, redactado pola empresa Adiu, S.L., e de con

formidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, computándose o dito período desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas interesadas poidan examina-lo contido nas oficinas xerais e presenta-las alegacións ou observacións que estimen convenientes.

De conformidade co disposto no artigo 34 da citada lei, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias, polo prazo dun ano, nas áreas do municipio con novas determinacións que supoñan unha modificación do réxime urbanístico vixente. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que respecten as determinacións do novo planeamento.

Moraña, 24 de agosto de 2000.

José A. Eiras Paz

Alcalde