Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 28 de xuño de dous mil, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal relativa ó cambio de trazado da LC4091 o que se fai público de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo de dous meses seguintes ó da súa publicación no BOP, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, trala comunicación ó órgano que o dictou, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Moeche, 26 de xullo de 2000.

Xulio Cribeiro García

Alcalde