Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Acordo do 26 de xullo de 2000, da Comisión de Goberno Municipal de Ferrol, polo que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, para a subministración e instalación de xogos infantís para os colexios públicos.

Obxecto: subministración e instalación de xogos infantís para os colexios públicos.

Orzamento base de licitación: 10.000.000 de ptas. (IVE e demais gastos incluídos).

Forma de adxucicación: concurso por procedemento aberto.

Prazo de entrega: 30 días naturais contados a partir do seguinte á data de sinatura do contrato.

Garantías: provisional: 200.000 ptas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Obtención de documentación e información: o expediente desta contratación, así como a documentación técnica unida a el poderán ser examinados no Negociado de Educación, sito na casa do concello, en horas de 9 a 13.30 dentro do prazo de licitación.

Presentación de ofertas: o prazo de presentación é de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se este último día de prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ata o seguinte día hábil. Deberán ser entregadas das 9 ás 13.30 horas, no rexistro xeral da casa do concello, en 3 sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego.

Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 28 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado