Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (referencia O2000/42).

A alcaldía-presidencia, mediante providencia do 28 de agosto de 2000, resolveu modifica-la cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso para a contratación da execución das obras de reparación da cuberta do frontón da Cidade Deportiva Riazor, canto á clasificación empresarial a esixir, sendo correcta a seguinte:

Grupo C, subgrupo 3, categoría c.

Grupo C, subgrupo 7, categoría c.

Outórgase ós licitadores un novo prazo de trece días naturais para a presentación de plicas contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

A Coruña, 28 de agosto de 2000.

P.D.

Carlos González Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación