De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de facultativos de arquivos e bibliotecas, pola quenda de promoción interna, e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria,
O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,
RESOLVE:
Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira, os interesados prestarán xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.
Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.
Quinto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2000.
Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela
Apelido 1 Apelido 2 Nome DNI
1 Regos Varela José Antonio 33.209.724
2 Oro Trigo Mª del Pilar Irene del 35.427.750
3 Lema Bendaña Xosé Ramón 33.204.834
4 González Da Costa Ana del Carmen 45.523.602