Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.547

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2000 pola que se declara concluído o procedemento e deserta a praza 99/013 de catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructura dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade.

Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña do 4 de maio de 1999 (BOE do 26 de maio) para a provisión da praza nº 99/013 de catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructuras dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, da Universidade da Coruña, e tendo en conta que a comisión non propón candidato ningún, visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.

A Coruña, 11 de agosto de 2000.

P.D. (Resolución 31-7-2000)

Alfonso Barca Lozano

Secretario xeral