Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lousame.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de xuño deste ano, aprobou inicialmente, por unanimidade, o Plan xeral de ordenación urbana de Lousame, sendo este o texto do acordo:

Primeiro.-Concluída a fase de elaboración do PXOM; tendo en conta que o avance foi exposto ó público por un período de tempo suficiente; que o expediente foi remitido para informe á CPTOPV, Consellería de Cultura e Consellería de Medio Ambiente; tendo transcorrido o prazo dun mes que determina o artigo 41.3º LSG; o Pleno da Corporación Municipal aproba inicialmente o Plan Zeral de ordenación municipal que consta dos seguintes documentos:

-Memoria de información, de 160 páxinas a unha cara de 95 cadros estatísticos.

-Catálogo de elementos que se van protexer, de 136 páxinas a unha cara.

-Memoria de ordenación, de 47 páxinas a unha cara.

-Orde de prioridades e estudio económico financeiro, de 15 páxinas a unha cara.

-Normativa urbanística, de 164 páxinas a unha cara.

Planos.

Escala 1:20003

Escala 1:500019

22

Segundo.-Habilitar período dun mes contado a partir do seguinte de publicación no DOG do anuncio que se publicará tamén no xornal de maior circulación da provincia.

Terceiro.-a) Suspender todo procedemento de concesión de licencias nas áras de Portobravo-Cruído; San Roquiño-Sanguiñal-Tállara-Cernande; e Merelle-Meixonfrío, na extensión que figura na planimetría dos indicados núcleos, planos 2.1, 2.2, 2.3, agás obras de mera conservación e similares.

b) Ratifica-la suspensión, tal e como foi acordada en sesión do 16 de maio do presente ano; beiras dos ríos Vilacova e San Xusto e zona Pétrea de San Lourenzo ata Moimenta.

c) A duración da suspensión será dun (1) ano, salvo que o PXOM se aprobe definitivamente en período inferior.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da LSG para que tódolos interesados, -entidades ou particulares-, poidan examina-lo documento, que estará ó seu dispor na oficina de urbanismo, durante trinta (309 días hábiles, presenta-las alegacións que teñan por conveniente.

Lousame, 12 de xullo de 2000.

José R. Vidal Castelo

Alcalde