Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDV-4/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 18 de agosto de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización para o desenvolvemento do plan parcial en Altamira-A Zapateira, presentado por Promocións O'Carón, S.L., se ben se terán en conta as observacións sinaladas no informe do enxeñeiro de camiños municipal.

2. Previamente á aprobación definitiva a empresa deberá construír unha fianza de oito millóns setecentas cincuenta e sete mil (8.757.000 ptas.) (52.630,63 euros), en concepto de garantía de execución das obras de urbanización para cumprir co indicado no artigo 46.C do Regulamento de planeamento urbanístico.

3. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, ofician de Planeamento, sito na avda. da Marina, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.

A Coruña, 23 de agosto de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo