Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2000 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación do servicio que se cita. (Expediente 202/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente 202/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de cafetería da EUE Empresariais de Vigo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso: público.

4. Canon fixo de explotación: o importe total anual para cada lote é:

Lote 1, EUE Empresariais de Vigo: 251.625 ptas. 1.512,296 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, Anexo Rectorado-3º.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no de prescicións técnicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Porto, 1-planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 18 de agosto de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo