Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto e subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para adquisición de moblaxe de oficina con destino á Dirección Provincial de Lugo. (SCS-63/2000) (7 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª, en Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 27 67. Fax: 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar da entrega da subministración: Dirección Provincial do Sergas de Lugo.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipamento de moblaxe de oficina (7 lotes).

Orzamento total: corenta e seis millóns cento corenta e dúas mil pesetas, IVE incluído (46.142.000 ptas.), (277.319,01 euros), que se desagregará en dúas anualidades 5.680.000 pesetas (34.137,49 euros) para o ano 2000 e 40.462.000 pesetas (243.181,52 euros) para o ano 2001.

Lote nº 1: cadeiras de traballo xiratorias con rodas e brazos. 880.000 ptas. (5.288,91 euros) para o 2000 e 9.328.000 ptas. (56.062,41 euros) para o ano 2001.

Lote nº 2: cadeiras confidente base patín. 3.695.500 ptas. (22.210,40 euros) para o 2001.

Lote nº 3: cadeiras de brazos e confidentes dirección. 2.250.000 ptas. (13.522,77 euros) para o ano 2000 e 969.000 ptas. (5.823,81 euros) para o 2001.

Lote nº 4: módulos de descanso e sofás. 340.000 ptas. (8.053,56 euros) para o 2001.

Lote nº 5: mesas e armarios. 1.230.000 ptas. (7.392,45 euros) para o 2000 e 19.879.000 ptas. (119.475,20 euros) para o 2001.

Lote nº 6: mesas e armarios de dirección. 1.320.000 ptas. (7.933,36 euros) para o 2000 e 3.481.000 ptas. (20.921,23 euros) para o 2001.

Lote nº 7: complementos para oficina. 1.769.500 ptas. (10.634,91 euros) para o 2001.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

4. Prazo de entrega: prazo de entrega máximo 30 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 8 de setembro de 2000.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 15 de setembro de 2000.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito

día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas. Provisional: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

13. Criterios que seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. De se-lo caso, prohibición de variantes: admítese a presentación de variantes.

15. Información complementaria: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Autónomas Europeas do anuncio da información previa do 23 de setembro de 1999.

17. Data de envío do anuncio: 10 de agosto de 2000.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos