Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2000, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o de impacto ambiental da vía de alta capacidade do Morrazo e os seus accesos. (Clave: N/PO/99.61.0)

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 27 de xullo de 2000, o estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo e os seus accesos clave: N/PO/99.61.0, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra e nos concellos afectados.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo durante o período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; estando a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na Dirección Xeral de Obras Públicas, na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e nos concellos afectados (Moaña, Cangas e Bueu).

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas