Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.447

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2000 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de edafoloxía e química agrícola, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, a María Teresa Taboada Castro.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 11 de outubro de 1999 (BOE do 11 de novembro), para a provisión da praza número 99/042, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de edafoloxía e química agricola, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, desta universidade, a favor de María Teresa Taboada Castro, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Teresa Taboada Castro profesora titular de universidade da área de coñecemento de edafoloxía e química agrí

cola, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, desta universidade.

A Coruña, 26 de xullo de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña