Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 31 de agosto de 2000 Páx. 12.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e adaptación da xornada para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial e adaptación da xornada para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-7-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo, integrada en representación da parte económica pola Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña e, da parte social por UGT e CC.OO. o día 30-6-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xullo de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia da Coruña (30 de xuño de 2000)

Asistentes:

-Pola parte social: Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.), Francisco Blanco Veiga (CC.OO.), Celestino Pérez Vázquez (UGT); Jesús Mª Calvo Romero (UGT).

-Pola parte empresarial: Francisco García Carrillo, Luis Neira Pérez, Laureano Pérez Expósito (Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña), Marina Graña Bermúdez (asesora laboral CEC).

Na Coruña, ás dezasete horas do día 30 de xuño de 2000, reúnense as partes arriba indicadas, como compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia da Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, co obxecto de asina-la revisión salarial para o ano 2000 e a adaptación de xornada.

A revisión salarial para o ano 2000 supón un incremento do 2,35% sobre os salarios do ano anterior. Previamente cómpre efectua-la revisión salarial para 1999 do 1,1%, consecuencia da desviación do IPC de 1999.

Respecto da xornada, quedaría da seguinte forma:

Días do ano: 366.

Sábados: 53.

Domingos: 53.

Festas nacionais: 11.

Festas locais: 2.

Días de traballo ano: 247.

Total horas de traballo: 1.976.

30 días naturais de vacacións: 168.

Total: 1.808.

Adaptación: 48.

Total de horas efectivas de traballo: 1.760.

Para face-la adaptación das 48 horas relacionadas no cadro anterior, recoméndase que as empresas non teñan fixado o seu calendario laboral, apliquen tal adaptación de xornada nos días fixados no calendario laboral do convenio colectivo da construcción da

Coruña (17 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 13 de outubro, 7 de decembro).

Así mesmo, acórdase facultar a Marina Graña Bermúdez, asesora laboral CEC, para que formalice os

trámites relativos ó rexistro, depósito e publicación desta acta e as táboas salariais.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 19 horas da data arriba indicada.

ANEXO

Convenio colectivo derivados do cemento

Táboas salariais ano 2000

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extrasRemun. anual

MesDíaAsistenc.Transp.XulloNadal

2Enxeñeiro176.5375.8851.4807.980164.606N164.606N2.862.516

3Perito149.2324.9741.4807.980139.594N139.594N2.484.832

4Encargado145.8344.8611.4807.980136.475N136.475N2.437.818

5Debuxante112.9973.7671.4807.980106.194S106.194S1.983.212

6Delineante 1ª111.4723.7161.4807.980104.780S104.780S1.962.084

7Delineante 2ª109.7523.6581.4807.980103.173S103.173S1.938.230

9Calcador106.3753.5461.4807.980100.051S100.051S1.891.462

3Xefe 1ª admv.149.2324.9741.4807.980139.594N139.594N2.484.832

4Xefe 2ª admv.133.8004.4601.4807.980131.646N131.646N2.283.752

6Oficial 1ª adm.111.4723.7161.4807.980104.780S104.780S1.962.084

8Oficial 2ª adm.107.9993.6001.4807.980101.564S101.564S1.913.976

9Auxiliar admv.106.3753.5461.4807.980100.051S100.051S1.891.462

7Viaxante sen c.109.7523.6581.4807.980103.173S103.173S1.938.230

8Corredor sen c.107.9993.6001.4807.980101.564S101.564S1.913.976

9Corredor a com.106.3753.5461.4807.980100.051N100.051N1.891.462

5Encargado sec.112.9973.7671.4807.980106.194S106.194S1.983.212

7Capataz109.7523.6581.4807.980103.173S103.173S1.938.230

8Oficial 1ª107.9993.6001.4807.980101.564S101.564S1.913.976

9Oficial 2ª106.3753.5461.4807.980100.051S100.051S1.891.462

10Axudante104.7083.4901.4807.98098.540S98.540S1.868.436

11Oficial 3ª103.0883.4361.4807.98097.030S97.030S1.845.976

12Limpadora/peón101.3813.3791.4807.98095.469S95.469S1.822.370

13Traball. 17 anos82.4512.7481.0397.98082.451S82.451S1.471.713

14Trab. menor 17 anos70.6802.3569607.98070.680S70.680S1.289.460

Nota: as letras S e N que figuran nas pagas extras son para os traballadores con modalidade de traballo a incentivos.

N: non se retribúe incentivo.

S: si se retribúe incentivo.

Táboas salariais ano 1999

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extrasRemun. anual

Rev. 1,1%MesDíaAsistenc.Transp.XulloNadal1999

2Enxeñeiro1.837172.4845.7491.4467.797160.827N160.827N2.796.795

3Perito1.553145.8064.8601.4467.797136.389N136.389N2.427.783

4Encargado1.517142.4864.7501.4467.797133.341N133.341N2.381.847

5Debuxante1.176110.4033.6801.4467.797103.756S103.756S1.937.681

6Delineante 1ª1.160108.9133.6301.4467.797102.374S102.374S1.917.037

7Delineante 2ª1.142107.2323.5741.4467.797100.804S100.804S1.893.725

9Calcador1.107103.9333.4641.4467.79797.754S97.754S1.848.037

3Xefe 1ª admv.1.553145.8064.8601.4467.797136.389N136.389N2.427.783

4Xefe 2ª admv.1.392130.7284.3581.4467.797128.623N128.623N2.231.315

6Oficial 1ª adm.1.160108.9133.6301.4467.797102.374S102.374S1.917.037

8Oficial 2ª adm.1.124105.5193.5171.4467.79799.232S99.232S1.870.025

9Auxiliar admv.1.107103.9333.4641.4467.79797.754S97.754S1.848.037

7Viaxante sen c.1.142107.2323.5741.4467.797100.804S100.804S1.893.725

8Corredor sen c.1.124105.5193.5171.4467.79799.232S99.232S1.870.025

9Corredor a com.1.107103.9333.4641.4467.79797.754N97.754N1.848.037

5Encargado sec.1.176110.4033.6801.4467.797103.756S103.756S1.937.681

7Capataz1.142107.2323.5741.4467.797100.804S100.804S1.893.725

8Oficial 1ª1.124105.5193.5171.4467.79799.232S99.232S1.870.025

9Oficial 2ª1.107103.9333.4641.4467.79797.754S97.754S1.848.037

10Axudante1.089102.3043.4101.4467.79796.277S96.277S1.825.535

11Oficial 3ª1.073100.7213.3571.4467.79794.802S94.802S1.803.589

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extrasRemun. anual

Rev. 1,1%MesDíaAsistenc.Transp.XulloNadal1999

12Limpadora/peón1.05599.0533.3021.4467.79793.277S93.277S1.780.523

13Traball. 17 anos85880.5582.6851.0157.79780.558S80.558S1.437.894

14Trab. menor 17 anos65261.2162.0419387.79761.216S61.216S1.150.089

Nota: as letras S e N que figuran nas pagas extras son para os traballadores con modalidade de traballo a incentivos.

N: non se retribúe incentivo.

S: si se retribúe incentivo.