Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 19/2000.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 26 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio), no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: 19/2000.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxecto: subministración de material xeral de aseo e limpeza.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 24.093.000 ptas. (144.801,85 euros).

5. Adxudicación.

Data: 4 de xullo de 2000.

Contratistas:

Lote 1: esponxa xabonosa.

Izasa Distribuciones Técnicas, S.A.: 5.806.080 ptas. (34.895,24 euros).

Lote 2: xabón cirúrxico desinfectante 500 cc.

Deserto.

Lote 3: xabón líquido 1 litro.

Sanicen, S.A.: 1.188.000 ptas. (7.140,02 euros).

Lote 4: xabón lavamáns.

Proquicel, S.A.: 3.518.976 ptas. (21.149,47 euros).

Lote 5: cueiros infantís (tamaños).

Arbora & Ausonia, S.A.: 4.165.399 ptas. (25.034,55 euros).

Lote 6: cueiros adulto (tamaños).

Indas, S.A.: 7.129.800 ptas. (42.850,96 euros).

Orzamento total: 21.808.255 ptas. (131.070,25 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de régimen jurídico de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de xullo de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións de directora xerente