A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anuncia as adxudicacións dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
2. Obxecto do contrato: expediente 16/2000.
a) Tipo de contrato: mantemento.
b) Descrición do obxecto: servicio de mantemento integral das góndolas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
c) Lote: 1 lote.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 81, do 27-4-2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 4.462.168 ptas. (catro millóns catrocentas sesenta e dúas mil cento sesenta e oito ptas.), 26.818,16 euros (vinteseis mil oitocentos dezaoito euros con dezaseis céntimos de euro).
5. Adxudicación:
Data: 14 de xuño de 2000.
Adxudicatario: deserto.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
2. Obxecto do contrato: expediente 17/2000.
a) Tipo de contrato: mantemento.
b) Descrición do obxecto: servicio de mantemento integral das portas automáticas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
c) Lotes: 1 lote.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 81, do 27-4-2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 13.599.984 ptas. (trece millóns cincocentas noventa e nove mil novecentas oitenta e catro ptas.), 81.737,55 euro (oitenta e un mil setecentos trinta e sete euros con cincuenta e cinco céntimos de euro).
5. Adxudicación:
Lote: 1.
Data: 22-6-2000.
Contratista: Ascensores Enor, S.A.
Nacionalidade: española.
Importe adxudicación: 13.492.492 ptas., 81.091,51 euros.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.
Jordi Riba Hibernon
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela