Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Agrupación de Defensa Sanitaria de Avicultura de Recría y Puesta de las Provincias de A Coruña, Lugo y Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Agrupación de Defensa Sanitaria de Avicultura de Recría y Puesta de las Provincias de A Coruña, Lugo y Pontevedra, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: interprovincial (A Coruña, Lugo e Pontevedra).

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos avicultores que desenvolvan actividades de producción de ovo como propietario, cesionario, arrendatario ou detentador de calquera título de explotación de galiñas.

Asinan a acta de constitución: Antonio Nercellas Rodríguez, (en representación da sociedade Avipor Silleda, S.L.), e catro persoas máis representan a outras tantas sociedades.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 21-7-2000)

María José Cimadevia Cea

Secretaria xeral de Relacións Laborais