Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 29 de agosto de 2000 Páx. 12.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos do Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia (STEG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 2 de agosto de 2000, certificación expedida polo secretario de actas do Secretariado Nacional do STEG, Ramón Casado Rodríguez, co visto e prace do presidente, Rafael Redondo Monroy, na que se reflicte o acordo acadado polo Secretariado Nacional do Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia (STEG), na reunión celebrada o 16 de outubro de 1999, e que consiste no traslado do domicilio social á rúa Xeneral Gutiérrez Mellado, nº 3, Galerías Oliva 1, piso 3º, de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 21-7-2000)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral de Relacións Laborais