Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: contratación da execución das obras incluídas no proxecto de recuperación da canteira de extracción, a ceo descuberto, de caolinita, para creación de lago fluvial, con destino a zona de protección de fauna fluvial, zona deportiva fluvial, aula de natureza-centro de demostración rural, museo etnográfico-tecnolóxico tradicional de auga, observatorio subacuático e creación de zona verde perimetral, concello de Mesía. (II Premio Breogán).

Orzamento: 30.000.000 de ptas. IVE incluído (180.303,63 euros).

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación:

A: 1-2, b.

C: 4-6, b.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de agosto de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña