Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Luns, 28 de agosto de 2000 Páx. 12.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, de bens e dereitos da UA 14 Pedreira dos propietarios non incorporados á xunta de compensación do devandito polígono (expediente 120/413).

O alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, o día 24 de xullo de 2000, dictou resolución que na súa parte dispositiva di:

Primeiro.-Aplica-lo procedemento expropiatorio de taxación conxunta para a obtención dos bens e dereitos da UA 14 Pedreira, dos propietarios non incorporados en tempo e forma á xunta de compensación do devandito polígono.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta da UA 14 Pedreira, dos propietarios non incorporados á xunta de compensación do devandito polígono; sendo beneficiaria da expropiación a devandita xunta de compensación.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individual ós que aparecen como titulares de bens ou dereitos no expediente, nos termos do artigo 145 epígrafes 2.3.4. da Lei do solo de Galicia; se ben no referente á parcela nº 7 as dilixencias se entenderán, de acordo co artigo 5 da LEF, co Ministerio Fiscal.

Por medio do presente anuncio sométese á información pública o dito expediente mediante a inserción deste anuncio no DOG e nun dos xornais de

maior circulación da provincia. Indícase que o prazo de información pública é, como mínimo, dun mes, que comezará desde a publicación do primeiro anuncio e rematará transcorrido un mes desde a publicación do derradeiro, computado na forma prevista no artigo 48 da LRXAP-PAC, e durante este quen poida resultar interesado poderá formula-las observacións e reclamacións que estime convenientes, en particualr no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. O expediente encóntrase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, Praza do Rei, esquina rúa Cachamuíña) á disposición das persoas interesadas.

De conformidade co artigo 59.4º da LRXAP-PAC en relación coa Lei do solo de Galicia, por medio deste anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, ou respecto dos cales non se poida practica-la notificación individual intentada.

Relación propietarios bens e dereitos afectados de expropiación:

ParcelaPropietario-a/enderezoSuperficie

afectada de

expropiación m

Valoración ptas.

5Aurea Rodríguez Milego

Avda. Cesáreo Vázquez, 43, Oia (Vigo)

944,866.385.175

6Marina Misa Rodas

Estra. Camposancos, 276, Oia (Vigo)

760,65.181.983

7Litixio: Jaime Álvarez Domínguez

Esteriz, 20, Oia (Vigo)

Litixio: Mª Juana Domínguez Costas

Rúa Cangas, 3, 10º B

129871.156

9Celsa Pedreira González

e José González Magdalena

Cmño. Senra, 33, Oia (Vigo)

132892.030

10Fernando Álvarez Quintana

e Teresa Pérez Janeiro

Av. Cesáreo Vázquez, 31, Oia (Vigo)

1571.069.975

11Elodia Fernández García

e Antonio Lomba Areal

Av. Cesáreo Vázquez, 29-int., Oia (Vigo)

1841.546.885

12Avelino Urceira Cerqueira

e Mª Cendón García

Av. Cesáreo Vázquez, 27, Oia (Vigo)

398,33.209.807

14Antonio Chimeno del Campo

Av. Cesáreo Vázquez, 35-int., Oia (Vigo)

481.091.924

15Olga Pedreira González

Av. Cesáreo Vázquez, 39-int., Oia (Vigo)

19,5814.275

16Celsa Pedreira González

José González Magdalena

Cmño. Senra, 33, Oia (Vigo)

58626.102

17Fernando Álvarez Quintana

e Teresa Pérez Janeiro

Av. Cesáreo Vázquez, 31, Oia (Vigo)

451.162.602

17Caixa Vigo

Avda. García Barbón, nº 1, Vigo

Dereito realde hipoteca

18Elodia Fernández García

e Antonio Lomba Areal

Av. Cesáreo Vázquez, 29-int., Oia (Vigo)

38478.548

ParcelaPropietario-a/enderezoSuperficie

afectada de

expropiación m

Valoración ptas.

19Avelino Urceira Cerqueira

e Mª Cendón García

Av. Cesáreo Vázquez, 27, Oia (Vigo)

44538.843

20Herdeiros de Celso Milego González

Av. Cesáreo Vázquez, 25-int., Oia (Vigo)

81,51.270.011

Vigo, 9 de agosto de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo