Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 171, do 27 de xullo de 2000, publicáronse integramente as bases da convocatoria do concurso-oposición para a provisión dunha praza de asesor técnico-xurídico de orde pública, vacante no cadro de personal do Concello de Oleiros.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio na convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 31 de xullo de 2000.

María José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal