Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO (expediente 15/2000).

De conformidade co disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso polo procedemento aberto para a adxudicación, polo Concello de Marín, da execución das obras da rede de sumidoiros en Anicón, Xermade, O Con, Bexe, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a adxudicación das obras da rede de sumidoiros en Anicón, Xermade, O Con, Bexe.

2. Prezo do contrato: 18.668.316 ptas. (IVE incluído).

3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.

4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello

de Marín, en horas de 9 a 14, agás do sábado, que será de 9 a 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. (Tomarase en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diarios oficiais).

5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares e de prescricións técnicas que se atopa á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.

6. Apertura de proposicións: o sobre B, que conterá a proposición económica, abrirase na sala da Comisión do Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado, terá lugar o día seguinte hábil á mesma hora.

Marín, 11 de agosto de 2000.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde