Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2000, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), pola que se anuncia a contratación para a subministración de aparellos mediante concurso por procedemento aberto.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración de diversos aparellos con destino ós centros dependentes desta xerencia. Expediente C.P. 18/2000.

2. Orzamento: dez millóns catrocentas noventa e sete mil pesetas (10.497.000) 63.088,24 euros.

3. Prazo de entrega: os bens obxecto desta contratación entregaranse no prazo de 15 días contados desde a data de formalización do contrato.

4. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación do artigo/s adxudicado/s.

5. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso.

6. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase segundo o disposto no punto 4.4 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México 26, 1ª planta (Vigo), teléfono 986 81 64 66, en días hábiles, desde as 9 ata as 14 horas.

9. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26, 4º, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26, 6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s.

Pontevedra, 28 de xullo de 2000.

P.A. (Decreto 252/1994)

Pilar Ribeiro Martínez

Directora de Xestión e Servicios Xerais