Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S a C.T. Espasante.
Situación: Ortigueira.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al con orixe na liña que alimenta o C.T. Espasante aldea e final na liña que alimenta o C.T. Espasante-Porto. (Expediente 52876). Ortigueira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de xullo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña