Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 25 de agosto de 2000 Páx. 12.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2000, do tribunal designado para avalia-las probas para a constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes (Diario Oficial de Galicia número 24, do 4 de febreiro), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados.

En relación coa convocatoria para a constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocadas por Resolución do 20 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Transportes (DOG nº 24, do 4 de febreiro).

Este tribunal resolveu:

Primeiro.-Elevar a definitivas e publica-las listas de aprobados nas actividades de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, que se encontran expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios provinciais de transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal