Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia -mediante expediente anticipado de gasto- sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da construcción do Centro de Saúde de Tomiño (Pontevedra).

-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

-Obra: construcción do Centro de Saúde de Tomiño (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 5.992.683 ptas.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles, de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

P.D. (Resolución 20-7-2000)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde