Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 24 de agosto de 2000 Páx. 12.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de xullo de 2000 pola que se lles notifica ós interesados as resolucións acordadas nos expedientes de desafiuzamento C 82010, conta 87, e doce máis, das provincias da Coruña e Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada sen efecto a notificación por dúas veces no domicilio dos interesados, notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo as resolucións desta dirección polas que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por falta de pagamento, e o lanzamento das vivendas, que levará a cabo o funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución

forzosa de actos da Administración incorporada ó expediente, e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Os feitos indicados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.1º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e no artigo 138.1º do regulamento, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

É competente para resolve-lo expediente o director xeral do IGVS en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica.

Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírteselles ós interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.

A resolución en firme do contrato comportará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Contra as citadas resolucións, que non son definitivas na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

ANEXO

Expediente: C 82010, conta 87.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Pedro Galán López.

Último domicilio coñecido: Mestre López Dafonte, P-I, 1º esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.389.782 ptas.

Recibos pendentes de pagamento á data de resolución: 12/1986 a 6/2000.

Expediente:.C 82010, conta 123.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Andrés N. Padín Testa.

Último domicilio coñecido: Fonte do Piñeiro, P-F, baixo esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.039.565 ptas.

Recibos pendentes de pagamento á data da resolución: 12/1986 a 6/2000.

Expediente: C 82010, conta 17.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Consuelo Rivas Martínez.

Último domicilio coñecido: Ponte de Caranza, P-C, 3º esquerda, Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.405.650 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 10/1986 a 6/2000.

Expediente: C 82010, conta 53.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Amparo Malde Fojo.

Último domicilio coñecido: O Prado, P-L, 2º dereita, polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.342.178 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 6/1987 a 6/2000.

Expediente: C 82010, conta 52.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Mª Emilia Martínez Vázquez.

Último domicilio coñecido: O Prado, P-L, 2º esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.389.782 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 12/1986 a 6/2000.

Expediente: C 82010, conta 201.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Reyes González Gómez.

Último domicilio coñecido: Mestre López Dafonte, P-Ñ, 3º esquerda, polígono de de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.371.543 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 12/1986 a 6/2000.

Expediente: C 82010, conta 77.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Mª Luisa García Espeleta.

Último domicilio coñecido: O Prado, P-L, 2º esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 963.302 ptas.

Recibos pendentes á data de resolución: 11/1988 a 6/2000.

Expediente: C 82010, conta 207.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Julio Montero García.

Último domicilio coñecido: Mestre López Dafonte, P-Ñ, 6º esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.371.543 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 12/1986 a 6/2000.

Expediente: C 82010, conta 211.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Álvaro Cabo Bada.

Último domicilio coñecido: Mestre López Dafonte, P-N, 2º esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol.

Data da resolución: 8-6-2000.

Débeda pendente: 1.371.543 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 12/1986 a 6/2000.

Expediente: PO 83450, conta 32.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Manuel Gómez Jiménez.

Último domicilio coñecido: rúa Torrecedeira, 73-4º E, Vigo.

Data da resolución: 3-5-2000.

Débeda pendente: 1.419.169 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 6/1988 a 8/1997; 10/1997 a 5/1998 e 8/1998 a 3/2000.

Expediente: PO 832, conta 266.

Réxime de adxudicación: contrato de adxudicación de vivenda ó abeiro da Lei do 15 de xullo de 1954 sobre protección de vivendas de renda limitada.

Adxudicatario: José M. Lago Quintáns.

Último domicilio coñecido: rúa Maceiras, nº 24, 2º D-Teis, Vigo.

Data da resolución: 4-5-2000.

Débeda pendente: 48.576 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 8/1994 a 4/2000.

Expediente: PO ADQ 187, conta 10.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Ricardo Román Villaverde.

Último domicilio coñecido: rúa Lorient, portal 5-4º B, Vigo.

Data da resolución: 30-5-2000.

Débeda pendente: 1.396.016 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 12/1988 a 12/1996; 6/1997; 7/1997; 10/1997; 11/1997; 4/1998 a 12/1998; 1/1999 a 5/1999 e 7/1999 a 4/2000.

Expediente: PO 83410, conta 46.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Ermitas Campos Bao.

Último domicilio coñecido: Avda. de Galicia, nº 71, baixo B, Vigo.

Data da resolución: 23-6-2000.

Débeda pendente: 1.379.043 ptas.

Recibos pendentes á data da resolución: 1/1988 a 6/2000.