Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 29 de xuño de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UA-32, na travesía de Oseiro, Oseiro-Arteixo, promovido por Guillermo Dafonte Fernández e Promociones Rúa Buenos Aires, S.L. e redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García (expediente 2/99.PED).

Recursos.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se se opta por interpoñer recurso de reposición, previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correpondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo isto de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 4 de xullo de 2000.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente