Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 9/2000, polo procedemento aberto, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de xestión de documentación clínica deste complexo hospitalario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único, letra i), da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), sobre delegación de competencias, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público nº 9/2000.

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense.

a) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais-Unidade de Contratación (edificio administrativo, planta baixa), teléfono: 988 38 56 91, fax: 988 38 55 50.

2. Categoría do servicio e descrición:

a) Descrición: contratación do servicio de xestión de documentación clínica do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Orzamento máximo de licitación: 123.800.000 pesetas (744.052,99 euros) IVE incluído, para o período total da execución do contrato.

3. Lugar de execución: en tódolos centros que integran o Complexo Hospitalario de Ourense (ver prego de prescricións técnicas).

4.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte do servicio de que se trate: non, a licitación será á totalidade do servicio.

6. Variantes: non se admiten.

7. Prazo de execución: 2 anos, contados desde a sinatura do contrato.

8. Solicitude de documentación:

a) Entidade: véase o punto 1.

Días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 15-9-2000.

9.a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 3-10-2000 (9.30 h.)

Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, Ourense.

10. Garantías esixidas: fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado; fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

11.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

13. Clasificación económica: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de plicas.

15. Criterios de adxudicación: características funcionais: 5 puntos; relación prezo/calidade do servicio: 3 puntos; diminución do importe previsto de investimento e a súa amortización: 2 puntos.

16. Información complementaria:

Data límite de recepción das ofertas: 22-9-2000 (14 h.).

Enderezo ó que se enviarán as ofertas: Complexo Hospitalario de Ourense-Rexistro Xeral (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense.

Linguas nas que se redactarán as ofertas: castelán ou galego.

Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: non se publicou.

Anuncios: o pago dos anuncios será a cargo do adxudicatario.

17. Data de envío do anuncio ó DOCE: 1-8-2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 18 de xullo de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense