Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da asociación Organización de Productores de Cultivos Marinos de la Ría de Muros y Noia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 27 de xuño de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel Mariño García, avalada co visto e prace do presidente, José Antonio Agrafojo Arestiño, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral ordinaria que tivo lugar o día 6 de maio de 2000, e que consiste na modificación de diversos artigos dos estatutos, entre eles o que fai referencia ó ámbito territorial da asociación, que en virtude da dita modificación estatutaria pasa a se-lo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais