Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 23 de agosto de 2000 Páx. 12.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Técnicos Ortopédicos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 30 de xuño de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Juan Luis Alonso Martínez, avalada co visto e prace do presidente, José Jorge Ruibal Aboy, na que se reflicte o acordo acadado na xunta xeral extraordinaria que tivo lugar o día 29 de abril de 2000, consistente no cambio do domicilio social que queda fixado na rúa A Rosa, nº 22, entreplanta, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais