Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante o concurso público 5/2000, da adquisición dun equipo e un monitor de anestesia para o servicio de anestesia do centro.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de mayo), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición

dun equipo e un monitor de anestesia para o servicio de anestesia do centro.

Obxecto e orzamento:

A adquisición dun equipo e un monitor de anestesia para o servicio de anestesia, por un orzamento máximo de 6.257.000 ptas. (37.605,33 euros) IVE incluído.

Prazo de entrega:

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo máximo dun mes contado desde a data da formalización.

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50, do Barco de Valdeorras (CP 32300), tfno.: 988 33 90 05.

Garantías:

Deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento vinte cinco mil cento corenta ptas. (125.140 ptas., 752,11 euros), e unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. As ditas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas.

Solvencia económica e financieira:

Acreditarase por calquera dos medios, ó menos un, dos sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Solvencia técnica:

Acreditarase por calquera dos medios, ó menos un, dos sinalados no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Clasificación:

Non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 30 puntos.

-Servicio de mantemento e tempo de resposta: ata 30 puntos.

-Melloras técnicas: ata 20 puntos.

-Prazo de garantía: ata 20 puntos.

Admisión de variantes:

Admítense variantes sempre que se respeten os requisitos técnicos mínimos que se fan figurar no prego.

Presentación de proposicións:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subminsitracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por

correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo o licitador xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex o telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 8 de xullo de 2000.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras