En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n (27004) Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono 982 29 65 32, fax: 982 21 29 24.
c) Número do expediente: C.P. 3/2000-S.
2. Obxecto da contratación.
a) Tipo de contrato: contrato de servicios.
b) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza no edificio da Escola de Enfermería de Lugo.
c) Lotes: un só lote.
d) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 91 do 12 de maio de 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 ptas.) IVE incluído, (16.828,34 euros) para un período de oito meses.
5. Adxudicación.
a) Data: 20 de xuño de 2000.
b) Contratista: Humaserva, S.L.L
c) Importe da adxudicación: un millón seiscentas mil oitocentas ptas. (1.600.800 ptas.) IVE incluído (9.621 euros) para un período de cinco meses.
Lugo, 6 de xullo de 2000.
Fernando Varela Noreña
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo