Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2000 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do dique de abrigo de Portocuvelo, situado no concello de Carnota (provincia da Coruña) e promovido polo ente público Portos de Galicia.

En cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano substantivo someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do dique de abrigo de Portocuvelo, situado en Lira-Carnota (A Coruña).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Carnota.

-Ente público Portos de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia