Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores OU 121/00P e OU-123/00P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto nº 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 10 de xullo de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 121/00P.

Denunciado: Miguel Ángel Cid Martínez.

DNI : 44.448.532

Derradeiro enderezo coñecido: Melias, concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

Feito denunciado: pescar en luns, día inhábil para a pesca, carecendo ademais da oportuna licencia para o exercicio desta actividade.

Preceptos infrinxidos e sancionadores: artigo 34.1º e 34.8º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: multa de entre 50.001 e 500.000 pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Instructora: Miriam Areal López.

ANEXO II

Expediente: OU 123/00P.

Denunciado: Carlos Pereira Iglesias.

DNI: 34.934.121

Derradeiro enderezo coñecido: Cinco Nogueiras. A Peroxa (Ourense).

Feito denunciado: pescar sen levar ningún dos documentos preceptivos para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de ata 50.000 pesetas.

Instructora: Miriam Areal López.