Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador de epizootias OU-T-48/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro Facenda Galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria nº 44/030003919/6 da Caixa Vigo e Ourense, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6º baixo, 32003(Ourense).

De non o facer dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo establece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro citada. Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 17 de xullo de 2000.

Mª Rosa Rodríguez Cougil

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-48/2000.

Interesado: José Pérez Rojo.

DNI: 34.909.476.

Ultimo enderezo coñecido: Zapeaus-Rairiz de Veiga (Ourense).

Feito denunciado: transportar no vehículo OU-7819-U seis cabezas de gando ovino e dúas de caprino desde a súa explotación en Zapeaus (Rairiz de Veiga) con destino á feira de Xinzo de Limia, sen esta-lo vehículo inscrito no Rexistro Provincial de Sanidade Animal e sen identificación de seis deles, coas marcas oficialmente aprobadas.

Preceptos infrinxidos: artigo 52 do Regulamento de epizootias (citado). Artigo 7 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15 de diciembre).

Artigo 26.2º da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG nº 169, do 4 de setembro).

Sanción: 20.000 ptas.