Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 154/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade benificiaria, para a

autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e apropiación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1769 m de lonxitude, coa orixe na liña Tresmontes-Fins (expediente 31295) e final en C.T. Pedamua, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Pedamua, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 2.385 m de lonxitude, discorrendo polo lugar. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Picardel, Vilares e Pedamua, no termo municipal de Cerceda. (Expediente 154/2000).

O que se fai público para o coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicaión desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 17 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 154/2000 Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Picardel-PedamuaTermo municipal: Cerceda

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

7Chousa NovaEucaliptalAntonio Bello FuentesSobre da Fonte, 43

15185 Cerceda

œ -4126312

7/1Chousa NovaEucaliptalRamiro Bello FuentesAvda. Galicia, 75

15185 Cerceda

82984

7/2Chousa NovaEucaliptalDelfina Bello FuentesSobre da Fonte

15185 Cerceda

5228360

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

7/3Chousa NovaEucaliptalDaniel Bello FuentesR/ J. Glez. Rodríguez, 5, 5º esq.

15011 A Coruña

LAT75

16Chousa NovaMonte altoJesús Villamisar CandalIgnorado8120