Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 22 de agosto de 2000 Páx. 12.146

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 9 de agosto de 2000 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 2000-2001.

En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 xuño, de caza de Galicia, e na demais normativa que sexa de aplicación que inclúe:

O Decreto 506/1971, do 25 de marzo, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, no que sexa de aplicación en virtude do establecido nas disposicións transitorias segunda, terceira, cuarta e quinta, así como na disposición derrogatoria da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres e a Lei 40/1997, do 5 de novembro, sobre reforma da anterior.

O Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, polo que se determinan as especies obxecto de caza e pesca comercializables e se dictan normas ó respecto.

O Real decreto 439/1990, do 30 de marzo, polo que se regula o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas.

A Lei de Galicia 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

A Directiva 79/409, do Consello da Comunidade Económica Europea, do 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres, e mailas súas posteriores modificacións.

A Directiva 92/43, do Consello da Comunidade Económica Europea, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, e as súas posteriores modificacións.

O Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre, e o Real decreto 1193/1998, do 12 de xuño, que o modifica.

O Decreto 45/1999, do 21 de xaneiro, polo que se establecen medidas preventivas e de restauración de áreas afectadas polos incendios forestais.

E demais normativa de aplicación.

É necesario fixa-las limitacións e épocas hábiles de caza durante a temporada 2000-2001.

Por todo isto, e oídos os comités provinciais e galego de caza, en virtude do artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia, dos reais decretos 167/1981, do 9 de xaneiro; 1706/1982, do 24 de xullo, e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conser

vación da natureza, cos decretos 347/1997 e 351/1997 polos que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, co Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, e o Decreto 122/1999 polo que se modifica o anterior, e polas atribucións conferidas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, artigos 1 e 3 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, e demais normativa concordante,

DISPOÑO:

Título I

Normas de carácter xeral

Artigo 1º

A presente orde de vedas regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer esta, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada 2000-2001.

Artigo 2º

A caza poderá exercerse unicamente sobre as especies de aves e mamíferos que se relacionan no anexo I da presente orde e só mediante os procedementos non prohibidos por ela.

Artigo 3º

O período hábil para exerce-la caza válido con alcance xeral será o comprendido entre os días 15 de outubro de 2000 e o 7 de xaneiro de 2001, ambos inclusive, na Comunidade Autónoma de Galicia, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V desta orde. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta orde que se refiren a cada unha delas, así como nas limitacións sinaladas no título V desta orde. De acordo co establecido no artigo 34.2º da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, queda prohibido cazar fóra do período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da súa posta, salvo nos casos debidamente autorizados para a realización de esperas, agardas ou outras modalidades.

Con carácter xeral prohíbese a caza de calquera especie cinexética nas súas correspondentes épocas de celo, reproducción e crianza, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

De acordo co que establece o Decreto 45/1999, do 21 de xaneiro, polo que se establecen medidas preventivas e de restauración de áreas afectadas polos incendios forestais, queda prohibido o exercicio da caza durante a presente temporada nas superficies afectadas por incendios dunha extensión superior a unha hectárea que arderan hai menos de dous anos da apertura da temporada de caza.

Nos terreos de réxime cinexético especial sometidos ás regulamentacións especiais do artigo 25.2º do Decreto 506/1971, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, serán de cumprimento tódalas disposicións recollidas na presente orde, salvo aquelas que expresamente se determinen na resolución que estableza a súa autorización.

Artigo 4º

Os medios e procedementos non autorizados para exerce-la caza son os que figuran no anexo II desta orde.

Igualmente, queda prohibida a posesión ou o emprego de munición de postas no exercicio da práctica venatoria, entendendo como tal calquera cartucho cargado con máis dun proxéctil de peso unitario igual ou superior a 2,5 gramos.

Artigo 5º

Só poderán ser obxecto de venda ou comercio as especies silvestres cazables que se relacionan no anexo III da presente orde, unicamente durante a temporada hábil de caza (establecido) para cada especie. O tráfico ou comercio de especies de protección temporal nas provincias onde a súa captura estivese prohibida precisará dunha guía expedida polo organismo competente que xustifique a súa procedencia.

Os exemplares de especies cinexéticas, procedentes de explotacións industriais, así como os seus ovos cando se trate de aves, poderanse comercializar en calquera época do ano, logo de acreditación suficiente da súa orixe e do cumprimento dos requisitos fixados no artigo 2 do Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, e demais normativa do ámbito sanitario.

Queda prohibida a posta en venda ou transporte e a retención para a venda das especies da fauna silvestre non determinadas no anexo III desta orde.

Artigo 6º

A posta en liberdade de animais silvestres vivos de carácter cinexético requirirá a autorización previa do Servicio Provincial de MAN correspondente. Na solicitude de autorización deberán facerse consta-las especies, o número e a procedencia dos exemplares que se propón adquirir, así como a adecuación de tal propósito ás previsións do plan técnico de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os espécimes.

De acordo coa Resolución do 10 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, prohíbese o transporte e solta de exemplares de lebre, procedentes tanto de dentro como de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Título II

Caza menor

Artigo 7º.-Días hábiles.

Consideraranse días hábiles de caza os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

Artigo 8º.-Limitacións de carácter xeral.

1. Nos terreos de réxime cinexético común nos que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ó contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a cota máxima por cazador e día será dunha perdiz rubia e dous coellos.

2. Nos terreos de réxime cinexético especial as cotas serán as que se establezan nos correspondentes plans de aproveitamento.

3. Prohíbese a caza de aves acuáticas desde calquera tipo de embarcación, con ou sen motor.

4. Queda prohibido con carácter xeral o emprego ou posesión de balas ou armas longas de ánima riscada na práctica venatoria con especies de caza menor. Sen embargo nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra e só nos coutos de caza maior ou de menor con aproveitamento complementario de caza maior autorizado para a especie xabaril, poderase portar bala dentro do período hábil establecido con carácter xeral, en previsión de que se lle poida disparar a esta especie.

Artigo 9º.-Métodos e modalidades de caza.

1. Na práctica da caza en man, con ou sen cans, nos terreos cinexéticos de aproveitamento común non se poderá cazar en grupos maiores de seis cazadores, nin cazar coordinadamente máis dun grupo. Cada cazador poderá cazar como máximo con catro cans, cun máximo de quince por grupo.

2. Poderanse autorizar ganchos para a caza do raposo rematado o período hábil de caza menor e ata o día 28 de xaneiro de 2001, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, durante os sábados e domingos. Os ganchos faranse cun mínimo de dez cazadores e cun máximo de trinta cazadores. No transcurso do gancho, o seu responsable deberá leva-la autorización correspondente dela e a relación completa encabezada por el mesmo, dos participantes cos respectivos nomes e números do DNI. Esta relación deberá estar confeccionada antes do comezo do gancho.

Os titulares de terreos cinexéticos de réxime especial deberán presentar unha única solicitude antes do 15 de decembro de 2000 nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural para o conxunto de ganchos que queiran realizar no período comprendido entre o 7 de xaneiro de 2001 e o 28 de xaneiro de 2001, debendo quedar constancia da súa entrada no correspondente rexistro oficial antes da devandita data. Na solicitude deberán indicarse a data, a hora, o lugar de reunión, a superficie na que se vai cazar o número previsto de participantes en cada gancho. Se por calquera circunstancia algún dos ganchos autorizados non se efectuase no lugar e data fixados, en ningún caso se poderá traslada-la súa celebración a outro día.

En terreos de aproveitamento común as solicitudes tamén deberán presentarse antes do 15 de decembro de 2000, debendo cumpri-los requisitos establecidos no parágrafo anterior.

Así mesmo, os solicitantes dos ganchos ós que se lles concedese a autorización correspondente, deberán informa-lo Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural do resultado de cada un deles nun prazo máximo de 15 días a partir da súa celebración. Os resultados consignaranse por escrito e no impreso normalizado que se entregará coa resolución pola que se autorice o gancho. O incumprimento deste requisito poderá supor a non autorización de máis ganchos no futuro ó mesmo solicitante. O Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural poderá requirir dos solicitantes dos ganchos a súa colaboración para a recolla de mostras para a análise sanitaria e tamén para a toma de datos biométricos.

3. Mentres non haxa unha regulación específica da cetrería na Comunidade Autónoma de Galicia, o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural poderá autorizar esta modalidade de caza.

Artigo 10º.-Adestramento de cans.

1. De acordo co establecido no artigo 10 e nos artigos 18 a 23 da Lei de Galicia 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, queda prohibido o adestramento de cans para a caza maior con espécimes de caza maior liberados dentro de cercados, ou de calquera xeito que implique maltrato para animais salvaxes en catividade.

2. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético común, sen previa petición, desde o 17 de setembro de 2000 ata o remate da temporada hábil de caza menor, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, sen armas nin calquera outro medio de caza e sen que se produza a captura nin a morte da peza. O número máximo de cans por cazador será de 2.

3. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético especial, sen petición previa, e a partir do 3 de setembro de 2000 ata o remate da temporada hábil de caza menor, sen armas nin calquera outro medio de caza e sen que se produza a captura nin a morte da peza, os días hábiles, é dicir, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, nas zonas que os titulares dos devanditos terreos establezan.

4. Os titulares dos coutos de caza maior e os de caza menor que teñan autorizado o aproveitamento complementario de caza maior para o xabaril ou para o corzo, extremarán as precaucións e adoptarán as medidas de seguridade precisas para evitar accidentes ou calquera tipo de interferencia durante a celebración dos ganchos, no período que coincida co permitido para o adestramento de cans. En concreto, terán en conta as zonas e coroas de vexetación que se vaian bater para evitar que as zonas de adestramento que establezan coincidan con elas na realización dos ganchos.

5. Fóra do período establecido no punto anterior, os titulares de terreos de réxime cinexético especial que teñan expresamente autorizada unha zona de

adestramento de cans poderán adestra-los cans dentro dos límites e nas épocas e condicións establecidas nas respectivas autorizacións.

6. Con fins de alta competición, logo de informe da Federación Galega de Caza, os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural poderán autoriza-lo adestramento de cans de mostra, con caza sementada, en calquera época do ano nos lugares autorizados para este fin.

Artigo 11º.-Competicións de caza.

1. En terreos cinexéticos de réxime especial durante o período hábil de caza menor poderán autorizarse competicións con morte ou sen morte, con pezas silvestres ou sementadas, os xoves, sábados, domingos e festivos. Estas competicións poderán ser supervisadas polos axentes de Medio Ambiente Natural.

2. Nos mesmos terreos, e fóra do período hábil de caza menor, poderán autorizarse competicións sen morte ou con morte e con caza sementada, por petición da parte interesada, nas condicións e zonas que previamente sinalen os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural. As devanditas competicións poderán celebrarse os sábados, domingos e festivos, dentro das zonas autorizadas.

3. Con fins de alta competición, poderán celebrarse, logo de autorización, campionatos oficiais federativos con ou sen morte da caza, os sábados, domingos e festivos, en terreos cinexéticos de réxime especial nas seguintes condicións:

a) En época de veda, con caza sementada.

b) Dentro dos períodos hábiles especiais por especies de caza menor, con caza silvestre ou sementada.

Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dicta-las normas e condicións nas que se desenvolven as citadas probas, cando para o logro dos seus fins sexa necesario abater ou capturar pezas de caza.

Título III

Caza maior

Artigo 12º.-Días hábiles.

Consideraranse días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, coas excepcións que se recollen nesta orde.

Artigo 13º.-Métodos e modalidades de caza.

1. A celebración de monterías e ganchos requirirá a autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural correspondente, que deberá ser solicitada alomenos cunha antelación de 20 días. A presencia de cazadores nos ganchos non superará os 30 cazadores nin baixará dos 10 cazadores, que poderán ir acompañados de ata trinta cans en dous grupos como máximo. Na solicitude deberán indicarse a especie, a data, a hora, o lugar de reunión, a superficie que se baterá e o número de participantes previsto en cada gancho. Se por calquera

circunstancia algunha dos ganchos autorizados non se efectuase no lugar e data fixados, en ningún caso se poderá traslada-la súa celebración a outro día. No transcurso do gancho, o seu responsable deberá leva-la autorización del e a relación completa, encabezada por el mesmo, dos participantes cos respectivos nomes e números de DNI. Esta relación deberá estar confeccionada antes do comezo do gancho.

2. En terreos cinexéticos de réxime especial, só se autorizará a realización de ganchos ou monterías en coutos de caza maior e nos de menor con plan de aproveitamento complementario de caza maior aprobado pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural. Neste tipo de terreos os distintos ganchos ou monterías previstos poderán solicitarse e concederse dunha soa vez, logo da presentación dun calendario.

3. Nos terreos de réxime cinexético común nos que, en virtude do establecido no artigo 9.3º da Lei 4/1997, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ó contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a caza maior só poderá exercerse os sábados e na modalidade de gancho ou montería.

4. Os solicitantes dos ganchos ou monterías ós que se lle concedese a autorización correspondente deberán informa-lo Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural do resultado de cada unha delas nun prazo máximo de 15 días a partir da súa celebración. Os resultados consignaranse por escrito e no impreso normalizado que se entregará coa resolución pola que se autorice o gancho ou montería. O incumprimento deste requisito poderá supor a non autorización de máis ganchos ou monterías no futuro ó mesmo solicitante.

5. A caza do corzo e do cervo nas modalidades de axexo ou espera requirirá a autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural correspondente e de acordo cos plans especiais de aproveitamento autorizados. Nestas modalidades os solicitantes das autorizacións tamén deberán informar por escrito ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural do resultado da cacería nas condicións establecidas no apartado anterior. A caza do corzo na modalidade de axexo autorizarase só entre o 1 de maio de 2001 e o 31 de xullo de 2001, nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense. Nesta modalidade poderá autorizarse o axexo de femias adultas con plan técnico aprobado.

6. O Servicio de Medio Ambiente Natural poderá requirir dos solicitantes dos ganchos, axexos e outras modalidades de caza maior a súa colaboración para a recolla de mostras para a súa análise sanitaria e tamén para a toma de datos biométricos.

7. Queda prohibido para a caza maior a posesión ou emprego de cartuchos de perdigóns durante a práctica venatoria.

8. Os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural poderán autoriza-la celebración de ganchos nos que se permita caza-lo raposo e o xabaril, dentro

do período hábil de caza establecido para a última especie, así como a utilización nelas de armas e municións propias de caza maior.

9. Defínense as modalidades de caza de gancho e montería do seguinte xeito:

Gancho: lance cinexético colectivo cun mínimo de dez e un máximo de trinta cazadores en postos que poden variarse durante o lance; acompañados dun máximo de trinta cans en dous grupos como máximo; os cans poden ir na compaña de cazadores.

Montería: diferénciase do gancho en que os postos son sempre fixos, os cans poden ir en grupos de ata vintedous cans; as persoas que dirixen os cans deben ir desarmadas e pode haber batedores desarmados. Así mesmo o número de cazadores vai de 20 a 50 e o número máximo de mandas será de 5.

Artigo 14º.-Pezas de caza.

1. Nos plans de aproveitamento dos terreos de réxime cinexético especial e nas autorizacións concedidas para o exercicio da caza maior nos terreos de aproveitamento cinexético común especificaranse as pezas de caza por especies, sexos e idades sobre as que se poderá exerce-la caza.

2. En todo caso, nunca poderán incluírse como pezas de caza:

a) As femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías.

b) Os machos adultos de corzo que efectuasen a esmouca antes do cerramento do seu período hábil de caza.

Título IV

Caza por danos

Artigo 15º.-Danos producidos pola caza.

1. Co fin de reduci-los danos que se puidesen producir na agricultura, na gandería, na silvicultura, e na flora e fauna silvestres, os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural poderán acordar medidas de control. Fóra do período hábil de caza, estas medidas serán adoptadas, logo de comprobación dos danos existentes polos axentes de Medio Ambiente Natural, seguindo directrices expresamente establecidas pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

2. As principais medidas de control fronte a danos por especies que se poderán adoptar son as seguintes:

a) Lobo (Canis lupus): en evitación de danos, e de acordo cos datos sobre danos recorrentes que consten nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, poderán autorizarse ganchos ou monterías durante o período hábil de caza maior, conforme as condicións establecidas no artigo 13.1º desta orde. Os solicitantes de cada gancho ou montería autorizado deberán informar dos resultados por escrito ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural

correspondente no prazo máximo dos 10 días seguintes ó da súa celebración. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis ganchos ou monterías e a anulación automática dos xa autorizados.

Así mesmo, e nos concellos con danos recorrentes producidos por esta especie, logo de informe expreso dos axentes do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural e acreditados de acordo cos datos que consten nos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, poderase autoriza-la caza desta especie nos ganchos de corzo e xabaril.

Fóra da temporada hábil de caza maior, poderán autorizarse monterías, ganchos ou esperas controlados por manifestos e comprobados prexuízos, ós que poderán asistir axentes do Servicio de Medio Ambiente Natural, conforme as condicións establecidas no artigo 13.1º desta orde, pero neste caso as solicitudes deberán presentarse cunha antelación de 10 días hábiles respecto ó da celebración do gancho, montería ou espera. As solicitudes deberán presentarse no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural correspondente no prazo máis breve posible a partir da detección dos danos e que permita a comprobación deles polo devandito servicio. Os solicitantes dos ganchos autorizados deberán informar por escrito dos seus resultados ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural correspondente nun prazo máximo de 10 días seguintes ós da súa celebración. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis ganchos e a anulación automática dos xa autorizados.

b) Xabaril (Sus scrofa): co fin de reduci-los danos producidos por esta especie, tras comprobarse a existencia daqueles, os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural poderán autoriza-la celebración de ganchos, monterías ou esperas. Os ganchos ou monterías poderán autorizarse conforme as condicións establecidas no artigo 13.1º desta orde, pero neste caso as solicitudes deberán presentarse cunha antelación de 10 días hábiles respecto ó da celebración do gancho, montería ou espera. As solicitudes deberán presentarse no prazo máis breve posible a partir da detección dos danos e que permita a comprobación deles polo devandito servicio, que os comprobará. Os solicitantes dos ganchos ou monterías autorizados deberán informar por escrito dos resultados destes ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural correspondente, nun prazo máximo de 10 días seguintes ós da súa celebración. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis ganchos ou monterías e a

anulación automática dos xa autorizados.

3. Nas autorizacións concedidas por manifestos e comprobados prexuízos, provocados tanto polo lobo como polo xabaril, en terreos cinexéticos de réxime especial, as solicitudes serán formuladas polo titular do dereito de aproveitamento, pero nela recolleranse obrigatoriamente as sinaturas do prexudicado ou dos prexudicados polos danos detectados. En terreos de aproveitamento cinexético común as solicitudes

serán formuladas polo prexudicado ou polos prexudicados polos danos detectados.

4. O director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural establecerá limitacións temporais á adopción destas medidas de control co fin de evitar alteracións nas poboacións de fauna silvestre e non interferir na súa cría e reproducción. Os servicios provinciais de Medio Ambiente Natural prestarán asesoramento técnico ós afectados polos citados danos, para a adopción de medidas alternativas de prevención e protección para as persoas ou na agricultura, na gandería, nos montes ou na flora e fauna silvestres.

5. A carne das reses que se abatan en época de veda, como consecuencia da adopción das medidas de control, no poderá ser obxecto de venda ou comercio.

Artigo 16º.-Aves prexudiciais para a agricultura e a caza.

En virtude do disposto no artigo 9 da Directiva 79/409/CEE, poderá autorizarse a caza e captura de aves que poidan causar danos nos cultivos agrícolas e na fauna.

Os interesados deberán formular unha solicitude dirixida ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural na que se fará constar:

a) Especie que se pretende cazar ou capturar.

b) Os prexuízos causados ou os riscos que se poidan producir, así como a magnitude deles.

c) Que fosen probadas técnicas disuasorias sen éxito.

d) Expresión do método, tempo e lugar onde se pretende caza-las aves prexudiciais.

Será preceptivo o informe do axente do Servicio de Medio Ambiente Natural correspondente sobre os danos existentes, que informará se hai indicios razoables de que os danos fosen causados ou non polas especies citadas. Se non fose posible establecer razoablemente a orixe dos danos, denegarase a solicitude.

Título V

Réximes especiais por especies

Artigo 17º.-Réximes especiais por especies aprobados despois de oídos os comités provinciais de Caza e o Comité Galego de Caza.

As regulamentacións específicas nos terreos de réxime cinexético especial aprobadas polos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural por proposta dos titulares, nos que se establezan vedas e peches anticipados dos distintos períodos hábiles, serán de obrigado cumprimento. A infracción das limitacións ou prohibicións que regulen as ditas regulamentacións específicas sanciónanse de acordo co establecido na Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Artigo 18º.-Réximes especiais por especies.

1. Caza menor:

a) Arcea (Scolopax rusticola) e agacha (Gallinago gallinago): prolongarase o período hábil de caza para estas especies ata o día 4 de febreiro do 2001, agás nos concellos das provincias de Lugo e da Coruña, que se relacionan no anexo IV desta orde, nos que rematará o 11 de febreiro do ano 2001.

b) Charrela (Perdix perdix): queda prohibida a súa caza.

c) Lebre (Lepus granatensis): só se autorizará a súa caza, no período hábil comprendido entre o 15 de outubro de 2000 e o 30 de novembro de 2000, en terreos de réxime cinexético especial. Na provincia de Pontevedra non se autoriza a caza desta especie.

d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor. Entre o 7 de xaneiro de 2001 e o 28 de xaneiro de 2001 só poderá cazarse na modalidade de gancho, segundo o establecido no artigo 9.2º desta orde.

e) Paspallás (Coturnix coturnix): pódese cazar no período hábil de caza menor. Poderase autorizar a súa caza en coutos da antiga lagoa de Antela nos concellos que se relacionan no anexo V desta orde, entre o 19 de agosto de 2000 e o 10 de setembro de 2000. Estas datas poderán ser modificadas de maneira expresa por resolución do director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural. Autorízase a súa caza os sábados e domingos, cun máximo de 12 cazadores por xornada de caza e un máximo de 4 cazadores por cuadrilla, e require autorización expresa do Servicio de Medio Ambiente Natural de Ourense, despois da presentación dun plan técnico de caza que haberá de incluír un censo da especie, un cálculo do número de capturas totais e o seu reparto por xornada de caza, cos límites de 10 pezas por cazador e día, e un cuartel máximo por couto cunha superficie máxima de 1.000 ha, sinalizado para o efecto. Os coutos deben estar dotados de vixilancia.

2. Caza maior:

a) Corzo (Capreolus capreolus): o período hábil estenderase desde o 3 de setembro de 2000 ata o 14 de outubro de 2000, podéndose cazar nas modalidades de gancho ou montería, en terreos de réxime cinexético especial e cando exista un plan técnico de aproveitamento aprobado desta especie, podendo cazar unicamente machos maiores de tres anos de idade. Os días hábiles para a caza desta especie serán os sábados, domingos e festivos, nas tres provincias, agás Pontevedra onde continúa vedada. A autorización da Xefatura Provincial de Medio Ambiente Natural fixará o número de pezas máximo que se poderá abater. O número de permisos que se expidan para os coutos corresponderá, como máximo, a un por cada 250 ha de terreo acoutado.

Os axexos autorízanse de acordo co establecido no artigo 13º desta orde, desde o 1 de maio do 2001 ata o 31 de xullo de 2001.

b) Xabaril (Sus scrofa): o período hábil estenderase desde o 3 de setembro de 2000 ata o 7 de xaneiro de 2001.

En terreos de réxime cinexético común só poderá cazarse os sábados e na modalidade de gancho ou montería, autorizada segundo o establecido no artigo 13º desta orde, entre o 3 de setembro de 2000 ata o 7 de xaneiro de 2001, e por danos e en prevención destes entre o 7 de xaneiro de 2001 e o 28 xaneiro de 2001, autorizado segundo o artigo 15º desta orde.

En terreos de réxime cinexético especial de caza maior ou menor, con aproveitamento complementario de caza maior, poderá cazarse:

Nas modalidades de gancho ou montería, autorizada segundo o establecido no artigo 13º desta orde, os xoves, sábados, domingos e festivos, entre o 3 de setembro de 2000 ata o 7 de xaneiro do 2001.

Mentres se estean practicando outras modalidades de caza, desde o 15 de outubro de 2000 ata o 7 de xaneiro de 2001, os xoves, domingos e festivos, pero non os sábados, nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, e baixo a responsabilidade da sociedade titular do couto, que terá que lle comunicar ó Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural os resultados das pezas abatidas desta especie nun prazo máximo de 15 días despois de rematado o período hábil.

Por danos, o en prevención destes, desde o 7 de xaneiro ata o 28 de xaneiro do 2001, poderase cazar nas modalidades de gancho e montería, os sábados, domingos e festivos, autorizado segundo o establecido no artigo 15º desta orde.

Así mesmo, poderase cazar mentres se estea a caza-lo corzo, con autorización expresa dos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, os que lles haberá que comunica-los resultados das pezas abatidas desta especie nun prazo máximo de 15 días despois da súa celebración.

c) Cervo, gamo e muflón (Cervus elaphus, Dama dama e Ovis ammon musimon): autorízase a súa caza dentro do período hábil con carácter xeral en terreos cinexéticos de réxime especial, logo de autorización dos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural, derivado da presentación dun plan de aproveitamento cinexético.

Nos concellos de Cabanas, A Capela, As Pontes, Monfero e Pontedeume, da provincia da Coruña, permítese a caza do cervo en calquera gancho ou montería autorizada para corzo ou xabaril.

Artigo 19º.-Terreos nos que se prohibe o exercicio da caza.

1. A Coruña:

a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, no termo muni

cipal de Ribeira. A delimitación desta zona é a seguinte:

-N: vila de Corrubedo e estrada de acceso a esta desde Artes.

-S: camiño que une a parroquia de Vilar con Liboi ata punta Corbeiro.

-E: camiño que comunica as parroquias de Artes e Vilar.

-O: océano Atlántico.

b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona costeira occidental atlántica do termo municipal de Muros. A delimitación desta zona, denominada lagoa de Louro, é a seguinte: camiño público que desde O Ancoradoiro sae ó km 6,5 da estrada C-550 de Cee a Muros; segue por esta estrada ó longo de 200 metros para continuar polo límite do monte Naraío e Tixia e polo carreiro a través deste, ata alcanza-la C-550 pasando polo casarío da Madanela, 80 metros ó longo desta ata o comezo do chamado camiño do monte Louro, límite deste monte entre o camiño e o mar; liña de costa ó longo da praia de Louro ata o porto de Ancoradoiro e desde aquí, en liña recta, ata o punto de partida.

c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas illas Sisargas.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona costeira occidental atlántica do termo municipal de Porto do Son. A delimitación desta zona denominada lagoas de Xuño e San Pedro de Muro é a seguinte: río Sieira desde a súa foz no océano Atlántico, río arriba, ata a estrada de Noia a Ribeira (km 52,3). Desde este punto ata a encrucillada da estrada de Seráns, pasando por San Pedro de Muro, ata a antiga telleira. Desde aquí seguindo o camiño que chega ata a punta do cabo Teira séguese pola liña de costa ata a foz do río Sieira.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona costeira occidental atlántica do concello de Ferrol, denominada lagoa de Doniños. A delimitación desta zona é a seguinte: polo norte, partindo da liña de costa séguese a liña que separa os terreos de uso militar, ata chegar á encrucillada da estrada que vai a Curros e Fontemaior; desde esta encrucillada de estradas séguese pola estrada de Fonta ata chegar á punta Penencia na costa e desde aquí, pola liña de costa, ata a liña de terreos de uso militar.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona da lagoa de Frouxeira, no concello de Valdoviño. A delimitación desta zona é a seguinte: polo norte desde a punta Frouxeira, ó longo do areal ou praia de Frouxeira, pola liña de costa ata a liña recta imaxinaria trazada desde a illa Percebeleira ata a estrada que desde a Porta do Sol, en Valdoviño, termina na praia. Seguindo por esta estrada ata a estrada de Ferrol a Cedeira e por esta ata o seu cruzamento coa de Ferrol a Valdoviño ata Canto do Muro, pola estrada local de Frouxeira ata a punta Frouxeira.

g) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona do monte San Xurxo, no concello de Ferrol. A delimitación desta zona é a seguinte: norte e oeste co océano Atlántico, ó leste con predios particulares na demarcación parroquial de San Xurxo na que está situado o monte, ó sur con predios particulares e o océano Atlántico.

h) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona do monte Brión, no concello de Ferrol. A delimitación desta zona é a seguinte: polo norte e oeste, demarcación parroquial de Doniños. Ó leste, con propiedades particulares da parroquia de Brión, ó sur con propiedades particulares e océano Atlántico.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Cecebre. A delimitación desta zona é a seguinte:

-N: desde a presa seguindo pola estrada que une o apeadoiro de Cecebre con San Román, atravesando os lugares de Seixurra e San Román, ata o cruzamento coa autoestrada do Atlántico.

-L: seguindo a autoestrada ata o km 17 e continuando por unha pista en terra de servidume daquela ata rematar na presa de formigón sobre o río Mero.

-S: desde o punto anterior seguindo a marxe dereita do río Mero ata a ponte, e continuando pola estrada entre os lugares de Torre, Covelo, Agrolongo e Horto de Arriba ata o viaducto do río Barcés, a marxe dereita da cal segue ata o lugar de Táboas, na estrada de Mabegondo a Carral.

-O: seguindo a marxe esquerda do río Barcés ata o viaducto e continuando pola estrada ata a presa do encoro.

j) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Sabón. A súa delimitación é a seguinte: desde a presa do encoro contigua á central térmica de Sabón pola estrada de servicio do polígono industrial, deixando o encoro a man esquerda ata o cruzamento da estrada da Coruña a Fisterra. Desde este punto, e seguindo a estrada de servicio do polígono, ata as instalacións industriais de Silicios de Sabón, S.A. e presa.

k) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na lagoa de Millares e Eirexanova e nas súas marxes, no termo municipal de Sobrado.

l) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas Brañas de Sada: termo municipal de Sada, parroquia de Sada. Coordenadas: lonxitude 8º 15' W, latitude 43º 21' N.

ll) Queda prohibido o exercicio da caza na lagoa de Mera: termo municipal de Oleiros, parroquia de Mera. Coordenadas: lonxitude 8º 20' W, latitude 43º 22' 40''.

m) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na ría de Ortigueira e Ladrido como consecuencia de ser incluída polo Consello de Ministros como zona húmida do Convenio de Ramsar, en tódalas augas, zonas de seguridade e zonas marítimo-terrestres aprobadas por

orde do Ministerio de Obras Públicas e Transportes (Dirección Xeral de Portos e Costas) do 29-9-1970, 4-6-1974, 19-12-1975, 17-5-1978.

n) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro da Ribeira, termo municipal de As Pontes. A delimitación desta zona é a seguinte:

-N: marxe do encoro e límite do couto C-10.121 ata 200 m da confluencia do regato Brandián.

-L: bordeando o predio Cabalar a 200 m do cercado e continuando pola marxe dereita do río Eume ata a área recreativa de Caneiro.

-S: desde a área recreativa de Caneiro seguindo o camiño ou pista cara ás Pontes ata a confluencia do camiño que baixa ó complexo recreativo de Vilarbó, seguindo este camiño ata as ditas instalacións e despois continuando pola marxe esquerda do encoro, respectando os 200 m de influencia, ata a presa.

-O: desde a presa seguindo a marxe do encoro en Cuíña, Vilarnovo e Maraxón ata pecha-lo perímetro.

ñ) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na ría de Ferrol desde a ponte das Pías ata a desembocadura do Xubia en ámbalas marxes.

o) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas marismas de Baldaio, nos seguintes límites:

-N: océano Atlántico.

-S: o camiño desde Rebordelos a Santa Mariña, pasando pola Igrexa, Castrillón, Outeiro, Cambre e Arnados.

-L: o camiño desde a praia Pedra do Sal ata Rebordelos.

-O: o camiño desde Santa Mariña á Punta do Pazo.

p) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na enseada de Insua, en Ponteceso, nos seguintes límites:

-N: o camiño local de punta Balarés a Cospindo, continuando pola estrada de Corme ata Ponteceso, estrada de Ponteceso a Buño.

-S: estrada de Ponteceso a Laxe, ata o lugar de Canduas.

-L: o camiño que vai desde a estrada de Ponteceso a Buño ata o río Anllóns, continuando por este ata Anllóns de Arriba.

-O: a liña que une Canduas, punta Padrón e punta Balarés.

q) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas augas, marxes e zonas de servidume da lagoa de Sobrado.

r) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na lagoa de Traba, nos seguintes límites:

-N: océano Atlántico.

-L: desde punta Arnao polo camiño que une Boaño con Felgueiras e Cernado.

-O: co camiño que une Cernado con Mordomo, e desde aquí ata punta Traba seguindo polo camiño.

s) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas augas, marxes e zonas de servidume do encoro de Fervenzas do Xallas.

t) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas marismas de Betanzos ata a altura do Pazo de Mariñán.

u) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na estación cinexética de Cerqueiros en Monfero.

v) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na marisma de Carnota na área incluída dentro do perímetro da masa de auga.

w) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Vilagudín, nos termos municipais de Cerceda, Ordes e Tordoia, na área incluída dentro dos 200 metros da cota máxima do nivel de auga do encoro.

x) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Vilasenín, nos termos municipais de Cerceda e Ordes, na área incluída dentro dos 5 metros da cota máxima do nivel de auga do encoro.

O Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural da Coruña sinalizará os límites territoriais que comprende a prohibición.

y) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas parroquias de Albite, Bugallido, Campolongo, Xallas Arzón e Lueiro, do concello de Negreira, cos seguintes límites:

-N: límite co concello de Santa Comba.

-S: límite co concello de Outes e Río Corzán.

-L: límite coas parroquias de Landeira e A Pena e Río Corzán.

-O: límite cos concellos de Mazaricos e Outes.

z) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas parroquias de Sumio, Veira e parte de Quembre, do concello de Carral, cos seguintes límites:

-N: seguindo o curso do río Barcés desde a entrada no concello de Carral ata a altura do lugar de Horta do Conde, e en perpendicular pola ladeira do monte Salgueiros ata unirse coa pista que discorre ata o límite co concello de Cerceda.

-S: límite cos concellos de Ordes e Abegondo.

-L: límite co concello de Abegondo.

-O: límite co concello de Cerceda.

2. Lugo:

a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas xunqueiras e ría do Eo; desde a ponte de Porto pola pista que pasa por Mión de Louteiro, ata a altura do km 4,700 da estrada de Vegadeo a Lugo, onde cruza o río Eo; desde este punto quilométrico segue pola citada estrada de Lugo a Vega

deo ata Porto de Abaixo, desde aquí e pola estrada nacional de Santander á Coruña ata Ribadeo, desde aquí pola estrada provincial ata Senra, desde aquí pola pista que chega á punta de costa denominada punta de Penas Brancas.

b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no monte propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia denominado Fraga Vella, sito nos termos dos concellos de Abadín e Mondoñedo. A delimitación correspondente é a seguinte:

-N: monte de utilidade pública Tremoal e Fraga das Vigas, parroquia de Labrada, do concello de Abadín: Casarío dos Agros e río Fraga Vella.

-L: río Fraga Vella e monte de utilidade pública nº 46-B Braña e Toxiza, da parroquia de Mondoñedo e outras.

-S: monte de utilidade pública nº 43 Coto da Cal, da parroquia de Romariz, do concello de Abadín.

-O: monte de utilidade pública nº 44 Tremoal e Fraga das Vigas, da parroquia de Labrada, do concello de Abadín.

c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos de Espiñeira e lagoa de Cospeito, do concello de Cospeito. A delimitación correspondente é a seguinte:

-N: termo do concello de Vilalba, ata o punto de cruzamento da estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, en Guisande.

-L: estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito.

-S: estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, vila de Feira do Monte e estrada de Cospeito a Vilalba, ata a ponte de Sistallo.

-O: pista da ponte de Sistallo á casa de Angulo da Espiñeira, ata o límite co concello de Vilalba.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos do monte de Veral, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, parroquia do Veral, concello de Lugo. A delimitación correspondente é a seguinte:

-N: estrada de Lugo a Friol e río Mera.

-L: propiedades particulares da parroquia de San Xoán do Alto.

-S: propiedades de veciños de San Xoán do Alto e camiño de Avelaidas.

-O: río Mera, monte da parroquia do Veral, e propiedades dos veciños do Veral.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no monte Paramedela no concello da Pobra de Brollón. A delimitación correspondente é a seguinte:

-N: monte de Salcedo a Bairán.

-L: monte de Salcedo a Bairán.

-S: monte de Salcedo a Bairán e río Lor, concello de Quiroga.

-O: monte de Salcedo e Bairán e río Loureiro.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no monte Bibei, concello de Quiroga. A delimitación correspondente é a seguinte:

-N: monte de Enciñeira.

-L: provincia de Ourense, monte comunal e propiedades particulares.

-S: provincia de Ourense.

-O: río Bibei, propiedades particulares, regato de Cavados e estrada de Ourense a Ponferrada.

g) Queda prohibido o exercicio da caza na Devesa de Rogueira, sito en Moreda-O Courel, coa seguinte delimitación:

-N: monte e prados en Moreda.

-L: monte de Moreda e de Vieña, ata o pico de Formigueiros.

-S: termo municipal de Quiroga ata Corga de Mosa e monte de Ferreiros ata Pico Polín.

-O: monte de Parada.

h) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na ría de Foz, nos límites territoriais que se sinalan a continuación:

-N: boca da ría desde punta do Cabo ata punta de San Bartolomeu.

-L: desde o punto anterior pola beira leste da praia de Altar ou de Tupido, estrada de Viladaide e Aspera e camiño á igrexa de San Cosme de Barreiros, estrada ó Vilar, ferrocarril Ferrol-Xixón ata o camiño de dirección N-S á estrada comarcal 642 de Ferrol por Ortigueira.

-S: estrada C-642, a Espiñeira e Ponte da Espiñeira.

-O: desde a ponte da Espiñeira, pola estrada C-642 ata Fondós, baixada á punta de Malatel e beira da ría ata punta do Cabo.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na Veiga de Pumar, concello de Castro de Rei. A delimitación correspondente é a seguinte:

-N: termo municipal de Cospeito, pola estrada de Rocelle a porto do Monte e en liña recta ó Porto de Boraño, no río Miño.

-L: río Miño ata 200 metros augas abaixo da desembocadura do regato de Pumar, na presa de Oroxe, leiras particulares ata o cruzamento da estrada de Xustas a Oroxe.

-S: estrada de Oroxe a Almudia.

-O: estrada de Almudia a Arneiro ata o límite do termo municipal de Castro de Rei.

j) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que integran as lagoas do Pedroso, parroquias de Pacios e Illán, no termo municipal de Begonte, cos seguintes límites:

-N: pista de acceso desde O Pedroso ata a confluencia co río Ladra.

-L: pista que comunica os lugares de Riocaldo e O Pedroso.

-S: nacional VI.

-O: río Ladra.

3. Ourense:

a) Queda prohibida a caza nas augas e marxes de dominio público do encoro das Conchas, nos termos municipais de Bande, Lobeira e Muíños.

b) Queda prohibida a caza nas augas e marxes de dominio público do encoro de San Martiño, nos termos municipais de Larouco, Petín e A Rúa.

c) Queda prohibida a caza nas augas e marxes de dominio público do encoro de Castrelo de Miño, nos termos municipais de Ribadavia, Castrelo de Miño e Cenlle, desde os lugares de Sanín e Oleiros ata o encoro.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro do Lindoso nos termos municipais de Lobios, Entrimo.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Salas nos termos municipais de Muíños e Calvos de Randín.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no parque natural do Invernadeiro, o termo municipal de Vilariño de Conso, de acordo co Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o PORN.

g) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no predio Salgueiros, no termo municipal de Muíños, pertencente ó parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

h) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas zonas de reserva integral do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, de acordo co Decreto 27/1993, do 11 de febreiro, no que se declaran como parque natural os citados terreos.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos incluídos na zona de influencia de explotación de áridos da comarca da Limia, termo municipal de Sandiás, de acordo co plano existente no plan de recuperación das Areeiras da Limia, entre a pista norte, que bordea as explotacións de áridos e o río Limia.

j) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que queden como aproveitamento cinexético común resultantes da segregación do couto de Viana do Bolo OR-10.079, que está en trámite.

k) Queda prohibido o exercicio da caza nos terreos que comprenden a finca da Edreira, no termo municipal de Laza.

4. Pontevedra:

a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no parque natural das illas Cíes e na illa de Ons.

b) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público da enseada de San Simón, formada

polo entrante da ría de Vigo ata a ponte de Rande, sobre o estreito de Rande.

c) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público así como a zona marítima do complexo intermareal de Umia-O Grove-Lanzada-punta Bodeira, como consecuencia de que foi declarada polo Consello de Ministros como zona húmida incluída no Convenio Internacional de Ramsar.

d) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas zonas norte e sur das Gándaras de Budiño, sitas no concello do Porriño.

-N: estrada que parte da estrada N-550 en dirección Santo André.

-S: estrada que parte da N-550 en dirección Madanela.

-L: N-550 e estrada de acceso ó polígono das Gándaras.

-O: a división entre a vexetación da zona húmida e os piñeiros, matogueira e terras de cultivo. Camiño que parte da estrada que marca o límite Norte e que atravesa Centeáns, Quintela, e chega ata Madanela.

e) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Pontillón do Castro, sito no concello de Pontevedra e con unha superficie de 31,5 ha delimitadas polos seguintes linderos:

-N: pista forestal contigua ó encoro.

-L: pista forestal contigua ó encoro que continúa a anterior.

-S: estrada comarcal de Pontevedra ó encoro, desde a confluencia coa pista anterior ata o dique daquel.

-O: liña imaxinaria paralela ó límite dos terreos propiedade do concello de Pontevedra, a unha distancia de 250 m que parte do dique do encoro.

f) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona sur da Illa de Arousa, denominada punta de Carreirón, cos seguintes límites:

-N: enseada da Brava e praia de Salinas.

-L: liña de costa.

-S: liña de costa.

-O: liña de costa.

g) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona denominada Baixo Miño e illa Canosa, cos seguintes límites:

-N: pola pista que delimita o piñeiral da praia de Camposancos, segue pola faixa aberta polo tendido eléctrico de alta tensión, segue ata o campo de deportes, continúa por toda a zona húmida, desde a pista que sae de Pasaxe ata a ponte do río Tamuxe.

-L: río Tamuxe.

-S: río Miño.

-O: océano Atlántico e punta de Santa Tegra.

h) Illa Canosa e Morraceira do Grilo en toda a súa extensión.

i) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no parque natural del monte Aloia, en Tui.

j) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na zona de Val Miñor, cos seguintes límites:

-N: estrada PO-340, desde a desviación para Mañufe ata monte Lourido.

-S: estrada de Mañufe á Ermida Sta. Marta.

-L: estrada e ponte desde Mañufe á estrada PO-340.

-O: zona marítima desde a Ermida de Santa Marta ata os illotes de Garza e monte Lourido.

k) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza en Xunqueira de Alba, no termo municipal de Pontevedra, cos seguintes límites:

-N: pista de Ponte Cabras ata a autoestrada A-9.

-S: río Lérez.

-L: pista desde as Corrientes pasando pola Ponte do Maxeiro, Rúa da Gándar, ata Ponte das Cabras.

-O: autoestrada A-9.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e aplicación da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Relación de especies cinexéticas da Comunidade Autónoma de Galicia

Aves:

Anas crecca: cerceta común.

Anas plathyrhynchos: pato real.

Anas acuta: pato rabilongo.

Anas clypeata: pato cullerete.

Aythya ferina: parrulo chupón.

Aythya fuligula: parrulo cristado.

Alectoris rufa: perdiz rubia.

Perdix perdix: perdiz charrela.

Coturnix coturnix: paspallás.

Phasianus colchicus: faisán común.

Fulica atra: galiñola negra.

Vanellus vanellus: avefría.

Scolopax rusticola: arcea.

Gallinago gallinago: agacha.

Larus ridibundus: gaivota chorona.

Larus fuscus: gaivota escura.

Larus argentatus: gaivota clara.

Columba livia: pomba brava.

Columba oenas: pomba zura.

Columba palumbus: pombo torcaz.

Streptopelia turtur: rula común.

Streptopelia decaocto: rula turca.

Turdus pilaris: tordo real.

Turdus philomenos: tordo común.

Turdus iliacus: tordo malvís.

Turdus viscivorus: tordo charlo.

Sturnus vulgaris: estorniño pinto.

Pica pica: pega rabilonga.

Corvus monedula: corvo cereixeiro.

Corvus corone: corvo viaraz.

Mamíferos:

Lepus granatensis: lebre.

Oryctolagus cuniculus: coello.

Canis lupus: lobo.

Vulpes vulpes: raposo.

Sus scrofa: xabaril.

Capreolus capreolus: corzo.

Cervus elaphus: cervo.

Dama dama: gamo.

Ovis ammon musimon: muflón.

ANEXO II

Relación de procedementos ou medios de captura prohibidos con carácter xeral

1. Lazos, ichós, garamelos, costelas, buíces, nasas ou esparrelas.

2. Todo tipo de métodos ou medios que impliquen o uso de visgo, como o arbolillo, as varetas, as rametas, as barracas ou paranys.

3. Chamarices de animais vivos, mortos ou naturalizados de perdices femias e doutros chamarices vivos cegados ou mutilados. Todo tipo de engados eléctricos ou mecánicos incluídas as gravacións.

4. Aparellos electrocutantes ou paralizantes. Cebos, gases ou substancias velenosas, paralizantes, tranquilizantes atraentes ou repelentes. Productos para crear rastros de cheiro, explosivos, anzois e arames.

5. Faros, lanternas ou outros aparellos luminosos, e visores que permitan o tiro nocturno.

6. Todo tipo de redes ou de artefactos que requiran para o seu funcionamento o uso de mallas, como as redes abatibles, as redes-néboa ou verticais e as redes-canón.

7. Armas que disparen en refachos, armas automáticas ou semiautomáticas con cargador que poida conter máis de dous cartuchos. Armas de aire comprimido así como as dotadas de silenciador, ou de visor para o disparo nocturno. Armas de fogo de calibre 22 e outra munición non autorizada.

8. Béstas.

9. Canóns pateiros.

10. Furóns.

11. Aves de cetrería.

12. Avións ou vehículos motorizados ou calquera tipo de aeronaves.

13. Embarcacións propulsadas por motor o sen el, como lugar desde onde se realizan disparos, así como vehículos terrestres motorizados.

ANEXO III

Relación de especies cazables comercializables no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Aves:

Anas plathyrhynchos: pato real.

Alectoris rufa: perdiz rubia.

Phasianus colchicus: faisán.

Columba palumbus: pombo torcaz.

Columba oenas: pomba zura (1).

Coturnix coturnix: paspallás (1).

Mamíferos:

Lepus granatensis: lebre.

Oryctolagus cuniculus: coello.

Vulpes vulpes: raposo.

Sus scrofa: xabaril.

Cervus elaphus: cervo.

Capreolus capreolus: corzo.

Dama dama: gamo.

Ovis ammon musimon: muflón (*).

(1) Só os exemplares procedentes de explotacións industriais.

(*) Especie incluída no convenio de Washington.

ANEXO IV

Concellos da provincia da Coruña:

Mañón.

Ortigueira.

Valdoviño.

Ferrol.

Neda.

Narón.

Fene.

Moeche.

San Sadurniño.

Cedeira.

Cariño.

Cerdido.

As Somozas.

Cabanas.

Pontedeume.

A Capela.

Mugardos.

Ares.

Concellos da provincia de Lugo:

Burela.

Cervo.

Muras.

Ourol.

O Vicedo.

Viveiro.

Xove.

Alfoz.

Foz.

Lourenzá.

Mondoñedo.

O Valadouro.

Abadín.

Barreiros.

Ribadeo.

Riotorto.

A Pontenova.

Trabada.

ANEXO V

Concellos da provincia de Ourense, que abranguen a antiga lagoa de Antela:

Rairiz de Veiga.

Vilar de Santos.

Sandiás.

Vilar de Barrio.

Sarreaus.

Xinzo de Limia.

Trasmiras.

Porqueira.

Xunqueira de Ambía.