Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso (expediente número 00329C/T).

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

a) Órgano de contratación: dirección xeral da CRTVG, mesa de contratación.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicio común de compras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de edificio de usos múltiples.

b) Lugar de execución: San Marcos, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento da licitación: 38.280.460 pesetas, incluídos tódo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do importe sinalado como máximo para a licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: sevicio común de compras da CRTVG, centro emisor de San Marcos, 15820-Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 08 51, fax: 981 54 08 59.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 11 do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da CRTVG, de 8 a 14 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

8. Apertura de ofertas: pola mesa de contratación, o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 12 horas, na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos.

a) Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación.

d) Os gastos de control de calidade.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2000.

Francisco Campos Freire

Director xeral da Compañía de RAdio-Televisión de Galicia