Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a prestación do servicio de transporte de sangue e hemoderivados.

A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a prestación do servicio de transporte de sangue e hemoderivados.

O cadro de características no que figuran as condicións está a disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 15 horas.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador, no exterior do sobre deberá consta-la referencia: «Transporte 2000». O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do 20 de setembro de 2000.

A apertura das proposicións económicas comunicarase oportunamente.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2000.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación

Centro de Transfusión de Galicia