Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. Arrufana (concello de Mos), a favor da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (Expediente 247/1998).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 12 de abril de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico) a tódolos interesados efectados pola execución do proxecto da liña de referencia

que o día 30 de agosto de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Mos, sinalados cos números:

Predios 2-15.

Hora 10.

Día 30-8-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual, que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 18 de xullo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 98/247 Provincia: Pontevedra.

ArrufanaTermo municipal: Mos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Da LajaLabradíoDorinda Leiros LusquiñosArrufana-Louredo, 191

36415 Mos

34320

12Veiga ArribaLabradíoErmitas González Barcielac/ Ernestina Otero, 16-4º A

36320 Redondela

56550

15Da ChicaLabradíoDorinda Leiros LusquiñosArrufana-Loureda, 191

36415 Mos

2-3253265