Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 18 de agosto de 2000 Páx. 12.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. Cumieira de Arriba (concello do Rosal), a favor da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (Expediente 240/1998).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 13 de abril de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico)

a tódolos interesados efectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 31 de agosto de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio do Rosal, sinalados cos números:

Predios 3-8.

Hora 10.

Día 31-8-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual, que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 18 de xullo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 98/240 Provincia: Pontevedra.

Cumeira de ArribaTermo municipal: O Rosal.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3ChorcaPradoOrfilia Martínez ÁlvarezCouselo, 43

36770 O Rosal

70700

6CampiñosLabradíoFernando Díaz DámasoBarrio Novo, s/n

36770 O Rosal

2242420

7FerreirosPradoManuel González ÁlvarezPonte da Soberbia, 33

36770 O Rosal

45450

8FerreirosPradoPilar Rodríguez MartínezCalvario, 38

36770 O Rosal

28280