Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 17 de agosto de 2000 Páx. 12.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 26 de xullo de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente unha modificación puntual do PXOU que ten por obxecto a cualificación do solo para equipamentos e zonas verdes nos seguintes ámbitos do termo municipal:

1. Centro social Sara Vázquez-equipamento socio-cultural 1.647 m.

2. Equipamento socio-cultural antes P.E. en UA-66 (ordenanza 5 A).

3. Equipamento socio-cultural en Barrio-Sueiro (ordenanza 3) 2.602 m.

4. Orro. Equipamento deportivo 12.832 m (S.N.U.R.N.).

5. Ledoño. Equipamento socio-cultural, 8.991 m.

6. Tarreo. Equipamento deportivo, zona verde 6.130 m antes O-10.

7. Portádego. Zona verde 1.916 m antes UA-6.

8. A Ría, zona verde 27.167 m antes 12.550 m.

9. Os Pazos, zona verde 28.334 m, equipamento 1.136 m.

Segundo.-Dar traslado da citada modificación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública por prazo dun mes.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG, BOP ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 2 de agosto de 2000.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde