1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: C2000/3.
2. Obxecto do contrato: concesión da xestión do servicio de actividades físicas e deportivas. Duración do contrato: tres anos prorrogables por outros tres.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Tipo licitación máximo: 100.000.000 de pesetas (601.012,10 euros) anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 2.000.000 de pesetas (12.020,24 euros).
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase o punto 1. b). Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: non esixible.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 4 de agosto de 2000.
P.D.
Carlos González-Garcés Santiso
Tenente de alcalde, delegado de Contratación