No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña tramítase o recurso nº 89/2000 interposto pola referida aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 1999 (categoría de matrona). A recorrente pretende a anulación do terceiro exercicio da fase de oposición (coñecementos de lingua galega).
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2000.
Valeriano Martínez García
Director da División de Recursos Humanos