Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 16 de agosto de 2000 Páx. 11.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 12 de xullo de 2000, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no Pico Sacro para a construcción dun depósito de auga.

2. Abri-lo trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no BOP, no DOG e nun xornal dos de máis circulación, para que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las alegacións pertinentes.

Boqueixón, 14 de xullo de 2000.

O alcalde en funcións

Rubricado